Compartir

En noviembre de 1919 tiene lugar la II Asamblea Nazonalista de las Irmandades da Fala en Santiago de Compostela, acordando celebrar esta fecha anualmente a partir de 1920. El modelo político y geográfico del país estaba colapsando debido a la ineficacia del modelo de la II Restauración Borbónica, que concedía al monarca plenos poderes ejecutivos y postergaba las Cortes Constituyentes a un mero órgano consultivo. La confianza en el modelo del turno pacífico era cada vez menor, y mientras en 1910 la UGT contaba con unos 40 000 afiliados, en 1920 eran más de 200 000, llegando a convocar 1 060 huelgas en todo el país. En 1919, Antonio Maura genera el descontento popular debido a su deficiente gestión económica y a la campaña nacional-católica que culmina en la consagración de España al Sagrado Corazón de Jesús. Ya bajo el gobierno de Juan de la Cierva, en 1920 continúan los fracasos coloniales al caer derrotado el ejército español frente a las modestas tropas rifeñas de Abd-el-Krim. Las burguesías periféricas, que vieron peligrar sus intereses, comenzaron a reclamar de forma contundente la independencia a partir de 1923, mediante los partidos de Acció Catalana, la Comunión Nacionalista Vasca y la Irmandade Nazonalista Galega. La dictadura de Primo de Rivera (1923-1931) y la de Francisco Franco (1939-1975) prohibieron la celebración de este día al considerarlo un atentado contra la unión de España. El Día Nacional da Galiza nace en un contexto de lucha popular y obrera, pero es la burguesía quien se encargó de darle el estatus de festividad oficial reconocida. Una vez más, asistimos a una apropiación de un sentimiento popular por parte de la clase opresora para proteger sus intereses.

Tras la muerte de Francisco Franco, la Asamblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) y el Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) intentan volver a celebrar la fecha con normalidad, pero las políticas de la falsa transición no lo permitirán hasta mediados de los años ochenta. Hoy en día, en esta fecha se entregan las medallas de Galicia, otorgadas por la Xunta de Galicia por “méritos al servicio de Galiza”. Entre los ganadores figuran Juan Carlos I (1985), Citroën Hispania, S. A. (1997), Caixa Galicia (2001), Deportivo da Coruña (2002) o Manuel Fraga Iribarne (2009). La burguesía está introduciendo en el canon de la identidad gallega personalidades y entidades que atentan contra la integridad del pueblo gallego.

En este contexto de alienación cultural, la burguesía sale ganando año tras año. Es hora de devolver el Día Nacional da Galiza a su legítimo protagonista: la clase obrera. ¡Fuera la burguesía y la Iglesia del patrimonio cultural! ¡Por un Día Nacional da Galiza popular, plurinacionalista, internacionalista, antiimperialista y antifascista! ¡Por una república socialista confederal!

En novembro de 1919 ten lugar a II Asamblea Nazonalista das Irmandades da Fala en Santiago de Compostela, acordando celebrar esta data anualmente a partir do 1920. O modelo político e xeográfico do país estaba a colapsar debido á ineficacia do modelo da II Restauración Borbónica, que concedía ao monarca plenos poderes executivos e postergaba as Cortes Constituintes a un mero órgano consultivo. A confianza no modelo da quenda pacífica era cada vez menor, e mentres en 1910 a UGT contaba cuns 40 000 afiliados, en 1920 eran xa máis de 200 000, chegando a convocar 1 060 greves en todo o país. En 1919, Antonio Maura xera o descontento popular debido á súa deficiente xestión económica e á campaña nacional-católica que culmina na consagración de España ao Sagrado Corazón de Xesús. Xa baixo o goberno de Juan de la Cierva, en 1920 continúan os fracasos coloniais ao caer derrotado o exército español fronte as modestas tropas rifeñas de Abd-el-Krim. As burguesías periféricas, que viron perigar os seus intereses, comezaron a reclamar de forma contundente a independencia a partir de 1923, mediante os partidos de Acció Catalana, a Comunión Nacionalista Vasca e a Irmandade Nazonalista Galega. A ditadura de Primo de Rivera (1923-1931) e a de Francisco Franco (1939-1975) prohibiron a celebración deste día por consideralo un atentado contra a unión de España. O Día Nacional da Galiza nace nun contexto da loita popular e obreira, máis é a burguesía quen se encargou de darlle o estatus de festividade oficial recoñecida. Unha vez máis, asistimos a unha apropiación dun sentir popular por parte da clase opresora para protexer os seus intereses. 

Tras a morte de Francisco Franco, a Asamblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) e o Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) intentan voltar a celebrar a data con normalidade, máis as políticas da falsa transición non o permitirán até mediados dos anos oitenta. Hoxe en día, nesta data entréganse as medallas de Galicia, outorgadas pola Xunta de Galicia por “méritos ao servizo da Galiza”. Entre os gañadores figuran Juan Carlos I (1985), Citroën Hispania, S. A. (1997), Caixa Galicia (2001), Deportivo da Coruña (2002) ou Manuel Fraga Iribarne (2009). A burguesía está a introducir no canon da identidade galega personalidades e entidades que atentan contra a integridade do pobo galego. 

Neste contexto de alienación cultural, a burguesía sae gañando ano tras ano. É hora de devolver o Día Nacional da Galiza ao seu lexítimo protagonista: a clase obreira. Fóra a burguesía e a Igrexa do patrimonio cultural! Por un Día Nacional da Galiza popular, plurinacionalista, internacionalista, antiimperialista e antifascista! Por unha república socialista confederal!

 

Comunistas da Galiza - PCPE